Cita Previa
Rexistro Sanitario
C-15-002406
Ubicación Céntrica
Na Clínica Podolóxica Rocío Dono Gago somos especialistas no coidado integral do pé. Ofrecémosche atención personalizada e un enfoque multidisciplinar, que nos permite abordar as patoloxías do pé con eficiencia e coa garantía do mellor tratamento.
Os pés son a base do noso corpo. O seu equilibrio e saúde afectan directamente ao resto do sistema locomotor. Calquera alteración no pé pode provocar afeccións noutras partes do corpo. Por iso a prevención, o coidado e o tratamento eficaz dos nosos pés son de grande importancia.
Se buscas unha clínica podolóxica en Santiago de Compostela, estamos para axudarte. Ponte nas nosas mans e axudarémoste a avanzar sen molestias nin complicacións, con tratamentos adaptados a ti.
A túa podóloga en Santiago de Compostela







Tecnoloxía de vangarda e trato personalizado no noso centro de podoloxía en Santiago de Compostela.
Dispoñemos de instalacións modernas, cómodas e adaptadas ás necesidades de pacientes de todas as idades; desde a infancia ata as persoas maiores. Ademais, a nosa clínica podolóxica está equipada coa última tecnoloxía, o que garante un diagnóstico preciso e a opción terapéutica máis efectiva.
Servizos
Ofrecemos tratamento integral de todo tipo de patoloxías do pé.
Quiropodia
Diagnóstico e tratamento de todo de todo tipo de alteracións das uñas e da pel: helomas (callos), hiperqueratoses (durezas). Baixo as máis estrictas medidas de esterilización e asepsia. Para que sigas avanzando sen molestias.
Estudo Biomecánico da marcha
Analizamos a túa pegada ca realización dun estudo personalizado empregando as probas diagnósticas máis avanzadas. O estudo é o método máis eficaz para detectar e previr patoloxías e lesións no pé.
Tratamento Ortopodológico
Deseñamos soletas personalizadas, órteses de silicona, vendaxes e tratamentos específicos para patoloxías como o pé plano ou cavo, Hallux Abductus Valgus (xoanetes), deformidades, etc. Cada elemento está realizado a medida e adaptado á actividade e ás necesidades de cada paciente.
Podoloxía Deportiva
Estudamos, previmos e tratamos as patoloxías que afectan as persoas deportistas a través de estudos biomecánicos, soportes plantares, exercicios, calzadoterapia, vendaxes funcionais, etc.
Podoloxía Pediátrica
Prevención, seguemento e tratamento das diferentes alteracións do pé infantil. O control durante a infancia é fundamental para favorecer un correcto desenvolvemento e previr problemas na idade adulta (pé plano, deformidades dos dedos, uñas encarnadas, etc.).
Podoloxía Xeriátrica
Co paso dos anos, os pes sofren cambios estruturais e funcionais que poden afectar á mobilidade e ao benestar xeral. Manter un bo coidado podolóxico nas persoas maiores é esencial para previr complicacións, tratar lesións e mellorar a súa autonomía.
Pé Diabético
Os pacientes con diabetes precisan un seguimento exhaustivo da saúde dos seus pés. Na nosa clínica ofrecemos revisións periódicas, control de lesións e tratamentos específicos para evitar complicacións graves.
Patoloxía Ungueal
Diagnosticamos e tratamos as diferentes alteracións que poden afectar ás unllas, como unllas encarnadas, infeccións ou traumatismos, buscando a solución que mellor se adapta a cada caso.
Podoloxía Dermatolóxica
Diagnóstico e tratamento de verrugas plantares (papilomas), trastornos da sudación, micoses (fungos), dermatite, etc. Se a túa patoloxía o require, estamos capacitados para receitar tratamentos tópicos e sistémicos.
Reserva a túa cita
Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.
981 595 292
638 394 684