Na Clínica Podolóxica Rocío Dono Gago traballamos cun único obxectivo: mellorar a saúde dos teus pés.
A nosa clínica está dirixida pola podóloga Rocío Dono Gago, profesional colexiada Nº 838150831. Cunha traxectoria consolidada e un enfoque centrado nas persoas. O noso equipo de traballo aplica unha metodoloxía baseada na precisión do diagnóstico, o trato próximo e a eficacia dos tratamentos.
Contamos cun equipo especializado nas diferentes áreas da podoloxía, o que nos permite ofrecer un enfoque integral e multidisciplinar. Non só tratamos as patoloxías dos pés, senón que estudamos as súas posibles consecuencias noutras partes do corpo, como nocellos, xeonllos, cadeira ou columna.
Se buscas podólogo en Santiago de Compostela, xa nos atopaches. Confiando na Clínica Podolóxica Rocío Dono Gago estás a apostar pola traxectoria sólida, a formación continua e o enfoque centrado na atención personalizada.
Os nosos profesionais situarante sempre no centro do tratamento, escoitándote, analizando o teu caso con profesionalidade e ofrecéndoche solucións claras e eficaces, que alivien as túas molestias e melloren a túa calidade de vida. Porque tratámoste a ti, non só aos teus pés.
As Nosas Instalacións







Reserva a túa cita
Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.
981 595 292
638 394 684