Os nosos pés soportan o peso de todo o corpo, por iso a pel dos pés presenta un maior grosor e características especiais. O calzado pode provocar rozaduras, falta de transpiración e outras circunstancias que poden afectar á saúde da pel dos nosos pés.
Ademais do tratamento das afeccións existentes, é recomendable realizar revisións periódicas para detectar e previr posibles patoloxías.
Quiropodia
A quiropodia é o coidado para o mantemento da saúde dos pés.
Consiste na valoración e tratamento periódico dos pés, mediante a eliminación de hiperqueratose (durezas), helomas (callos), alteracións nas uñas e outras lesións leves.
Trátase dun tratamento preventivo e terapéutico, que mellora o confort e evita a aparición de lesións máis graves, especialmente en pacientes con risco especial, como deportistas, persoas maiores ou diabéticos.
En que consiste unha sesión de quiropodia?
ValValoramos o estado da pel e das uñas para detectar posibles patoloxías.
Corte correcto das uñas, en función da morfoloxía do paciente. Eliminación de hiperqueratoses e helomas en zonas de rozamento ou presión do calzado. Eliminación de epículas en uñas encarnadas. Tratamento de fendas. Fresado de uñas con onicogrifose (engrosamento). Recomendacións personalizadas para o coidado dos pés e a prevención de lesións.
En xeral, recomendamos unha sesión de quiropodia polo menos dúas veces ao ano, aínda que a frecuencia pode variar segundo as características e necesidades de cada paciente.
Corte correcto das uñas, en función da morfoloxía do paciente. Eliminación de hiperqueratoses e helomas en zonas de rozamento ou presión do calzado. Eliminación de epículas en uñas encarnadas. Tratamento de fendas. Fresado de uñas con onicogrifose (engrosamento). Recomendacións personalizadas para o coidado dos pés e a prevención de lesións.
En xeral, recomendamos unha sesión de quiropodia polo menos dúas veces ao ano, aínda que a frecuencia pode variar segundo as características e necesidades de cada paciente.
¿Qué patoloxías trata a quiropodia?
HELOMAS
Que son
Causas
Tratamentos
Os helomas, comunmente coñecidos como callos, son engrosamentos localizados da pel que aparecen como resposta a unha presión ou fricción repetida, normalmente nas plantas dos pés e dedos. Diferéncianse das durezas pola súa forma máis pequena e profunda, que pode provocar dolor ao camiñar ou calzarse.
• Calzado estreito ou con forma inadecuada para os pés do paciente.
• Deformidades dixitais (xoanetes ou dedos en garra).
• Alteracións na pisada que xeran sobrecarga ou unha mala distribución das cargas.
• Actividades e movementos que xeran fricción repetida e/ou excesiva na zona.
Na nosa clínica eliminamos os helomas de forma indolora e segura mediante enucleación con bisturí, retirando o núcleo central para aliviar a presión e a dor.
Este procedemento realízase sen anestesia e non require repouso posterior, polo que o paciente pode retomar a súa actividade tras a sesión.
Hiperqueratosis
Que son
Causas
Tratamentos
As hiperqueratoses, máis coñecidas como durezas, son un engrosamento superficial e difuso da capa córnea da pel, causado por un aumento de queratina como mecanismo de defensa fronte á presión ou fricción continuada. A diferenza do heloma, non presenta un núcleo central, pero pode volverse dolorosa se a capa engrosada presiona o tecido subxacente ou se se agreta.
• Uso prolongado de calzado duro, estreito ou sen amortecemento axeitado.
• Permanecer moitas horas de pé ou camiñar longas distancias de forma habitual.
• Alteracións na pisada que xeran sobrecarga en zonas concretas (metatarso, talón, bordes do pé).
• Falta de hidratación na pel, que favorece a rixidez e o engrosamento.
Na nosa clínica tratamos as durezas cunha deslaminación mecánica controlada mediante bisturí estéril, eliminando o exceso de queratina sen danar a pel sá.
Este procedemento é indoloro, inmediato e non require baixa nin repouso.
Patología ungueal
Que son
Causas
Tratamentos
As patoloxías ungueales son alteracións que afectan a forma, a cor, a estrutura ou o crecemento das uñas, podendo causar dor, inflamación ou cambios estéticos.
Poden orixinarse por traumatismos, infeccións, malformacións, emprego de calzado inadecuado ou enfermidades dermatolóxicas e sistémicas.
Na nosa clínica realizamos unha valoración podolóxica completa para identificar a causa e aplicar o tratamento máis adecuado, dende coidados conservadores e ortonixia, ata cirurxía ungueal cando é necesario. O obxectivo é restaurar a saúde e funcionalidade da uña, aliviando molestias e previndo recidivas.
Podología Dermatológica
Que son
Causas
Tratamentos
A podoloxía dermatolóxica ocúpase do diagnóstico e tratamento das alteracións que afecta á pel dos pés, unha zona especialmente exposta á fricción, á humidade e á presión do calzado.
Estas patoloxías poden deberse a infeccións (como fungos ou virus), reaccións alérxicas, exceso ou déficit de suoración, exposición prolongada á humidade ou fricción continuada.
Na Clínica Podolóxica Dono Gago realizamos unha exploración detallada para identificar a causa da patoloxía e aplicar o tratamento máis adecuado -tópico, farmacolóxico ou podolóxico- segundo cada caso. Tamén ofrecemos pautas de hixiene, hidratación e calzado para previr complicacións e manter a pel sa e protexida.
Reserva a túa cita
Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.
981 595 292
638 394 684