Podoloxía xeriátrica

SERVIZOS

Co paso dos anos, os pés sofren cambios estruturais e funcionais que poden afectar á mobilidade e ao benestar xeral. Manter un bo coidado podolóxico na terceira idade é esencial para previr a dor, evitar lesións e conservar a autonomía.

Podoloxía xeriátrica

A podoloxía xeriátrica enfócase na prevención, diagnóstico e tratamento das patoloxías do pé en persoas maiores. Coa idade, é habitual que aparezan problemas como as uñas engrosadas, deformadas ou encarnadas; durezas persistentes; alteracións na pel; dor articular ou deformidades e diminución da mobilidade ou problemas de equilibrio. Ademais, en persoas con enfermidades crónicas como diabete ou problemas vasculares, a revisión podolóxica regular é fundamental para evitar complicacións máis graves.

En que consiste unha sesión de Podoloxía xeriátrica?

Nas consultas de podoloxía xeriátrica realizamos unha valoración do paciente e unha exploración podolóxica na que examinamos as uñas, a pel, as articulacións e, se é necesario, o apoio plantar. Realizamos os tratamentos pertinentes en cada caso, así como recomendacións personalizadas no relativo ao calzado óptimo e as pautas de coidado na casa. O seguimento periódico, con revisións adaptadas ás necesidades do pacientes, son fundamentais para manter unha boa saúde podolóxica. O noso obxectivo é que cada paciente desfrute duns pés sans, favorecendo a súa comodidade, mobilidade, seguridade e autonomía.

Reserva a túa cita

Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.

981 595 292
638 394 684