En ocasións, a orixe da dor en pés, nocellos, xeonllos ou costas está na nosa pisada. O estudo biomecánico da pegada e a marcha é unha proba fundamental para previr e tratar numerosas patoloxías do aparato locomotor.
Na Clínica Podolóxica Rocío Dono Gago utilizamos a última tecnoloxía para realizar avaliacións precisas que melloren a túa calidade de vida e buscamos solucións personalizadas co obxectivo de detectar e previr posibles lesións.
Biomécanica
A biomecánica é a rama da podoloxía que analiza como se move o corpo e como se comportan as articulacións e músculos durante a marcha. Avaliamos o apoio dos pés, tanto de forma estática como en movemento. Así podemos identificar desequilibrios ou sobrecargas que poidan repercutir noutras partes do corpo.
Mediante ferramentas como plataformas de presións e gravación en vídeo, podemos estudar:
• Como apoias os pés ao camiñar ou correr.
• Como se distribúe a presión na planta do pé.
• A aliñación de nocellos, xeonllos, cadeiras e columna.
• A influencia da pegada na túa postura, equilibrio e rendemento deportivo.
Esta análise é fundamental para deseñar tratamentos personalizados, como soportes plantares (soletas) a medida, programas de fortalecemento ou recomendacións de calzado.
¿En que consiste unha sesión de biomecanica?
• Recollemos o teu historial, hábitos e posibles molestias para orientar o estudo.
• Observamos a túa postura e o apoio dos pés en repouso sobre plataformas de presións.
• Rexistramos a túa forma de camiñar e/ou correr mediante gravación en vídeo para avaliar a mecánica completa da túa marcha.
• Analizamos os datos obtidos para detectar alteracións ou zonas de sobrecarga.
• Ofrecemos tratamentos personalizados en función das túas necesidades.
Se tes molestias ao camiñar, practicas deporte ou simplemente queres saber como pisas para previr lesións, pide cita para o teu estudo biomecánico. Obterás un diagnóstico preciso e solucións deseñadas para mellorar o teu confort, postura e rendemento.
Reserva tu cita
Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.
981 595 292
638 394 684