Tratamento Ortopodolóxico

SERVIZOS

Moitas alteracións na pisada, a postura ou a aliñación das extremidades inferiores poden corrixirse ou aliviarse cun tratamento ortopodolóxico personalizado. Mediante o uso de soletas podolóxicas e outros dispositivos especializados, podemos axudar a previr lesións, mellorar o rendemento deportivo e reducir a dor en pés, xeonllos, cadeira ou costas.

Tratamento ortopodolóxico

O tratamento ortopodolóxico consiste na corrección ou compensación de alteracións do aparato locomotor mediante órteses personalizadas. O seu obxectivo e redistribuír as cargas, mellorar a aliñación das articulacións e optimizar a función do pé durante a marcha. Estes tratamentos elabóranse a partir da información obtida no estudo biomecánico da pisada e a marcha, garantindo unha adaptación precisa e resultados eficaces. Na nosa clínica ofrecemos solucións ortopodolóxicas adaptadas a cada paciente, co obxectivo de aliviar a dor, previr lesións e mellorar a mobilidade e a calidade de vida mediante unha combinación de precisión técnica e atención personalizada.

En que consiste unha sesión de tratamento ortopodolóxico?

• Tras a realización do estudo biomecánico tomamos as medidas e realizamos un molde que replique a forma exacta do pé.
• Deseñamos a soleta ou o dispositivo podolóxico de forma totalmente personalizada, seleccionando os materiais, grosores e características segundo o uso, o tipo de calzado e as necesidades específicas.
• As soletas ou dispositivos elabóranse nun laboratorio especializado.
• Realizamos a proba, revisión e axuste da soleta ou dispositivo.
• Encargámonos de levar a cabo revisións periódicas que nos permitan valorar a evolución e realizar os axustes necesarios ao longo do tempo.

Se buscas mellorar a túa pisada, aliviar a dor ou previr lesións, o tratamento ortopodolóxico pode ser a clave. Na nosa clínica recibirás solucións personalizadas que se adaptan a túa actividade e estilo de vida.

Tipos de tratamentos ortopodolóxicos

soporte plantar (SOLETAS)

Que son

Cando están indicadas?

Trátase de soletas deseñadas para redistribuír as presións que recibe o pé, especialmente en persoas con dor localizada, deformidades ou sobrecargas en zonas concretas.

Tras un estudo biomecánico detallado, elaboramos soletas a medida, adaptadas ás necesidades específicas de cada paciente.
As soletas personalizadas poden ter diferentes obxectivos segundo o caso:

• Acomodativas, cando se busca amortecer e repartir presións.
• Correctivas ou funcionais, cando é necesario mellorar a aliñación ou o apoio do pé.

Cada soleta deséñase e fabrícase de forma individual, con materiais de alta calidade e técnicas actualizadas, asegurando o confort, durabilidade e eficacia.

Órtesis de silicona

Que son

Cando están indicadas?

As órteses de silicona son complementos fabricados a medida que se colocan directamente sobre os dedos ou zonas específicas do pé para corrixir, protexer ou compensar deformidades.
Realizamos órteses de silicona a medida para previr, protexer ou aliviar deformidades e rozaduras nos dedos. Estas moldéanse directamente sobre o pé do paciente, ofrecendo unha adaptación perfecta e unha solución efectiva para helomas (callos), dedos en garra ou Hallux Abductus Valgus (xoanetes), etc.

vendaxes funcionais

Que son

Cando están indicados?

Os vendaxes funcionais son unha técnica terapéutica que emprega cintas adhesivas especiais para limitar, estabilizar ou guiar o movemento do pé ou do xeonllo, sen chegar a inmobilizar por completo a articulación. A súa finalidade é protexer a zona lesionada, reducir a dor, mellorar a función e previr recaídas, favorecendo unha recuperación progresiva da mobilidade.
Poden aplicarse tanto en lesións agudas (escordaduras, sobrecargas, tendinopatías) como en procesos crónicos ou preventivos, sempre adaptados ás necesidades da cada paciente. Dentro dos tratamentos ortopodolóxicos, actúan como unha órtese temporal e externa, deseñada para corrixir, descargar ou compensar estruturas do pé e nocello, ofrecendo un método eficaz, seguro e personalizado.

Reserva a túa cita

Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés..

981 595 292
638 394 684