Pé diabético

SERVIZOS

As complicacións derivadas da diabetes teñen unha consecuencia directa no pé. O pé diabético é un conxunto de alteracións consecuencia de problemas de circulación (isquemia) e sensibilidade (neuropatía periférica). Nos casos máis graves pode incluso derivar na amputación de dedos, pés e pernas.

Na nosa clínica podolóxica ofrecemos un seguimento especializado para persoas con diabetes, co obxectivo de previr problemas e detectar alteracións de forma precoz.

Pé diabético

O pé diabético é o conxunto de alteracións e complicacións que se producen como consecuencia desta enfermidade. Co tempo, a diabetes pode danar os nervios e vasos sanguíneos, provocando unha diminución do fluxo sanguíneo e unha perda progresiva na sensibilidade dos pés. Isto pode provocar que o paciente non perciba dor ou as feridas; presente un maior risco de úlceras e infeccións e, en xeral, unha peor cicatrización ante calquera lesión. En casos graves, estas complicacións poden chegar a requirir a amputación de dedos, pés ou incluso de parte da perna. O risco aumenta se existen outros factores asociados, como uso de calzado inadecuado, falta de hidratación, deformidades previas ou ausencia de revisións podolóxicas.

En que consiste unha sesión de Pé diabético?

Na Clínica Podolóxica Rocío Dono Gago ofrecemos un seguimento específico para persoas diabéticas para previr complicacións mediante revisións periódicas, detección de lesións incipientes, control do estado xeral da pel e as uñas, realización de quiropodias terapéuticas seguras e asoramento acerca do calzado máis adecuado e os coidados diarios do pé. Na nosa clínica contamos co equipamento específico para a valoración integral do pé diabético. Dispoñemos de monofilamento, diapasón e outras ferramentas que nos permiten avaliar a sensibilidade e a resposta neurolóxica; así como de un Doppler vascular, co que valoramos a circulación sanguínea de forma precisa. Deste modo, podemos detectar de maneira temperá posibles alteracións e ofrecer un tratamento preventivo e personalizado.

Reserva a túa cita

Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.

981 595 292
638 394 684