A práctica deportiva implica un esforzo constante para o corpo e os pés son unha das zonas que máis sofren cargas e impactos.
Alteracións na pisada ou pequenas desviacións poden derivar en sobrecargas, dores ou lesións. Cun diagnóstico preciso e un seguimento profesional, axudámosche a previr e tratar problemas como a fascite plantar, tendinite ou lesións por sobrecarga.
Podoloxía Deportiva
A podoloxía deportiva é a rama da podoloxía especializada no estudo, diagnóstico, prevención e tratamento das lesións e alteracións do pé asociadas á actividade física.
A través de técnicas avanzadas, énos posible detectar e tratar alteracións funcionais que, co tempo, poden derivar en lesións máis graves.
Na nosa clínica podolóxica en Santiago de Compostela realizamos estudos e tratamentos específicos dirixidos a deportistas.
En que consiste unha sesión de Podoloxía Deportiva?
Valoramos o teu historial deportivo, tipo de actividade e xesto deportivo, frecuencia de adestramento e lesións previas.
Analizamos o pé, a postura e a pisada para detectar alteracións, identificando os factores de risco e a causa das molestias.
O tratamento pode incluír soletas personalizadas para deporte, órteses, vendaxes funcionais, pautas de recuperación, recomendacións de calzada adaptado á disciplina deportiva e plan de exercicios personalizados.
Reserva a túa cita
Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.
981 595 292
638 394 684