Podoloxía pediátrica

SERVIZOS

A saúde dos pés comeza na infancia. A etapa de crecemento é un período fundamental para realizar un seguimento da evolución dos pés e a postura, para detectar a tempo alteracións e patoloxías.

Pé plano, alteracións na marcha, desviacións… Son problemas frecuentes na infancia e deben tratarse cunha visión preventiva e técnicas adaptadas á idade.

Na nosa clínica traballamos de forma estreita coas familias, explicando paso a paso os procedementos e ofrecendo solucións pensadas para que os máis pequenos poidan desenvolverse sen molestias nin complicacións.

Podoloxía pediátrica

A podoloxía pediátrica é a especialidade encargada de diagnosticar, tratar e previr as alteracións dos pés en bebés e nenos. Durante a infancia, o sistema musculoesquelético atópase en pleno desenvolvemento e ten unha gran capacidade de adaptación, o que convirte esta etapa nun momento clave para detectar e corrixir posibles alteracións e así previr complicacións na idade adulta. Pé plano, alteracións na marcha, desviacións… Son problemas frecuentes na infancia e deben tratarse cunha visión preventiva e técnicas adaptadas á idade. Na nosa clínica traballamos de forma estreita coas familias, explicando paso a paso os procedementos e ofrecendo solucións pensadas para que os máis pequenos poidan desenvolverse sen molestias nin complicacións.

En que consiste unha sesión de podoloxía pediátrica?

Nas consultas de podoloxía pediátrica recollemos información sobre os hábitos, antecedentes e posibles molestias do neno ou a nena.

Posteriormente realizamos unha exploración biomecánica adaptada á idade, que inclúe a observación da marcha, a valoración da forma do pé, a postura, a mobilidade articular e a aplicación de tests específicos baseados nas leis do crecemento óseo.

Este estudo permítenos obter un diagnóstico preciso e establecer o tratamento máis axeitado, xa sexa mediante pautas preventivas, exercicios, soportes personalizados, revisións periódicas ou interconsultas con outros profesionais.
Traballamos sempre en estreita colaboración coas familias, explicando cada paso do proceso e ofrecendo solucións pensadas que os máis pequenos medren con pés sans, sen molestias nin limitacións na súa actividade diaria.

Trabajamos siempre en estrecha colaboración con las familias, explicando cada paso del proceso y ofreciendo soluciones pensadas para que los más pequeños crezcan con pies sanos, sin molestias ni limitaciones en su actividad diaria.

Reserva a túa cita

Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.

981 595 292
638 394 684