As uñas poden verse afectadas por diferentes enfermidades ou alteracións que comprometen o seu aspecto, estrutura ou crecemento. Na nosa clínica realizamos unha valoración podolóxica completa para diagnosticar e tratar de forma personalizada calquera patoloxía ungueal, adaptándonos ás necesidades de cada paciente.
O noso obxectivo é recuperar a saúde ungueal, aliviar a dor e previr recidivas, mediante técnicas conservadoras ou cirúrxicas segundo o que se adapte mellor a cada caso.
Patoloxía ungueal
As patoloxías ungueais poden provocar dor, inflamación, infeccións ou problemas estéticos que afectan ao benestar do paciente.
É o caso de afeccións como as uñas encarnadas, onicomicosis, uñas psoriásicas, traumatismos ou tumoracións e ateracións estruturais.
Tratamento das patoloxías ungueais
O tratamento destas patoloxías varía segundo a lesión e a súa gravedade, pero sempre se realiza seguindo un protocolo seguro e adaptado ás necesidades de cada paciente.
Realizamos unha valoración podolóxica completa para diagnosticar con precisión cada alteración e determinar a intervención máis adecuada: desde coidados conservadores e ortonixia, ata cirurxía ungueal, cando procede.
Ademais, ofrecemos recomendacións personalizadas sobre hixiene, corte de uñas, calzado e seguimento periódico para previr recidivas e manter a saúde e funcionalidade das uñas.
Principais patoloxías ungueais
Onicocriptosis (uña incarnada)
Que é
Tratamentos
A onicocriptose, coñecida comunmente como uña encarnada, é unha das patoloxías máis frecuentes na podoloxía. Prodúcese cando unha parte da uña penetra na pel do surco lateral, provocando dor, inflación e incluso infección.
Na nosa clínica realizamos un diagnóstico preciso para determinar o grado de afectación e elixir o tratamento máis adecuado, priorizando sempre as técnicas menos invasivas e a prevención de recidivas.
Cada paciente recibe unha valoración personalizada, tendo en conta o grao da lesión, o seu estado de saúde xeral e os seus hábitos de vida, traballo ou deporte. Ademais, ofrecemos consellos preventivos para evitar novas aparicións, coidando non só a uña senón tamén o equilibrio global do pé.
Eliminación da espícula ungueal:
- Tratamento conservador. Indicado nas fases iniciais ou leves.
- Consiste en retirar coidadosamente o fragmento de uña que se clavou no tecido e desinfectar a zona.
- Nalgúns casos compleméntase con curas locais domiciliarias e recomendacións de calzado ou corte ungueal adecuado.
- Alivia a dor de forma inmediata e permite a recuperación do tecido inflamado.
Reeducación ungueal con ortonixia:
- Técnica no invasiva que consiste en colocar unha lámina correctora sobre a uña para modificar a súa curvatura a medida que crece.
- Permite corrixir a forma da uña, evitando que volva a clavarse no futuro.
- É indolora, compatible coa vida diaria e especialmente útil en casos recidivantes ou en pacientes que non poden someterse a unha cirurxía.
Cirurxía ungueal:
- Tratamento definitivo. Indicado cando a uña encarnada é recorrente, dolorosa ou presenta infeccións repetidas.
- Existen diferentes técnicas cirúrxicas segundo o caso, sendo a máis habitual a avulsión parcial con matricectomía química ou cirúrxica.
- Realízase con anestesia local, de forma ambulatoria, e permite unha rápida recuperación.
ONICOMICOSE (fungos nas uñas)
Que son
Tratamentos
onicomicose é unha infección producida por fungos que afecta á estrutura e coloración da uña, provocando engrosamento, fraxilidade ou desprendemento.
Na nosa clínica realizamos un diagnóstico preciso mediante cultivo micolóxico, o que nos permite identificar o tipo de fungo e aplicar o tratamento máis eficaz. A abordaxe pode incluír tratamentos tópicos, aplicados directamente sobre a uña afectada, e/ou tratamentos orais, indicados en casos máis avanzados ou persistentes. O noso equipo está capacitado e formado para receitar o tratamento que mellor se adapte a cada caso.
Ademais, proporcionamos recomendacións personalizadas de prevención, orientadas a evitar reinfeccións e manter unha adecuada hixiene e ventilación do calzado.
O noso obxectivo é recuperar a saúde e o aspecto natural da uña, mediante un tratamento seguro, controlado e adaptado a cada paciente.
Uñas psoriásicas
Que son
Tratamentos
As uñas psoriásicas son alteracións producidas pola psoriase que afectan a súa cor, grosor ou superficie. Poden presentar estrías, manchas ou desprendemento parcial, e adoitan asociarse a molestias ou sensibilidade na zona.
Na nosa clínica realizamos unha avaliación e manexo das alteracións ungueais asociadas á psoriase, buscando mellorar o aspecto e confort do paciente.
Microtraumatismos ungueais
Que son
Tratamentos
Lesións provocadas polo calzado, o deporte ou pequenos golpes repetidos.
Valoramos a causa e realizamos un tratamento para favorecer a rexeneración da uña.
Tumoraciones o alteraciones estructurales
Que son
Tratamentos
As tumoracións ou alteracións estruturais son lesións que afectan á matriz ou ao leito ungueal, como quistes, exostosis ou outras formacións anómalas. Poden provocar deformidades, dor ou cambios no crecemento da uña, polo que a súa detección precoz é fundamental para un tratamento eficaz.
Na clínica realizamos unha valoración exhaustiva para determinar se se trata dunha alteración benigna ou se require un estudo máis profundo. En función do diagnóstico, pódese optar por un tratamento conservador, control periódico ou derivación ao especialista e tratamento cirúrxico cando é necesario. O obxectivo é eliminar a causa do problema e preservar a saúde e funcionalidade da uña e os tecidos circundantes.
Reconstrucción ungueal
Que é
Tratamentos
A reconstrución ungueal é un tratamento podolóxico destinado a restaurar a forma, función e estética da uña, cando esta sufriu danos parciais ou totais. Utilízase en casos de uñas fracturadas, deformadas, desprendidas ou alteradas por traumatismos, infeccións, tratamentos previos ou problemas estruturais.
O procedemento realízase en consulta, de forma indolora e segura, utilizando materiais específicos de uso podolóxico, hipoalerxénicos e transpirables, que permitan que á uña natural medrar correctamente debaixo.
Ademais de mellorar a apariencia estética, a reconstrución axuda a protexer o leito ungueal, evitar molestias co calzado e previr novas alteracións.
O noso equipo valora de xeito individual cada caso, garantindo unha reconstrución funcional, estética e segura, adaptada ás necesidades de cada paciente.
Reserva a tú cita
Contacta con nós e reserva a túa cita na nosa clínica podolóxica. Estaremos encantadas de velar pola túa saúde e a dos teus pés.
981 595 292
638 394 684